miércoles, 24 de diciembre de 2008

FELICES FESTAS

Xa sabemos que as festas de Nadal andan un tanto desvirtuadas e convertidas en consumismo e hipocresía. Pero se hai algo que salva estas datas, alomenos na miña opinión, é a decoración navideña.

Xa que Pi colgou as imaxes dos "Madriles", eu decídome por COMPOSTELA, a ver se así animo a todos os visitantes virtuais do mundo a coñecela en persoa ( e en Nadal, que loce moito máis bonita

Rúa de San Pedro

Praza de Cervantes

Acibechería

Obradoiro

Praza de Fonseca

Praterías

Rúa do Villar

Praza do Toural

E para rematar un par de anuncios:

O de GADIS do Nadal do 2007, que retrata dun xeito divertido as festas navideñas dos galegos

E o de Iberia do Nadal de 2008, que é o que máis me gusta deste ano; e llo dedico especialmente a Pi, xa que el é de "yosoydelosreyesmagos":

Deste xeito aproveito para desexar a todas e todos os visitantes un

BO NADAL

e

FELIZ ANINOVO

1 comentario:

xose pi dijo...

MOi ben, Bego. Sorprendichesme unha vez máis. Pois a verdade, en Santiago, poca cousa vin ainda. Todo a tiro de coche. Por certo, faltanche as luces da Senra e JuanCarlo I, as as montañitas. Olvidacheste??

Os anuncios caralludos. O de Gadis, pa variar a vida mesma!!

O de Iberia unha gozada. Son dos Reis Magos, efectivamente,pero creo que vou incorporar a vida O APALPADOR. Espero que ti tamén o fagas!!

Boas festiñas. Supoño que te verei en breve!