viernes, 1 de febrero de 2008

CHEGOU O ENTROIDO (e II)

A FESTA DO ENTROIDO EN GALICIA

O ENTROIDO é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os OURENSÁNS. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.

LAZA

As personaxes máis importantes son:

* o PELIQUEIRO, é o rei indiscutible da festa e tamén o gardián de todas as demáis personaxes do entroido. Caracterízase pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres.

* A MORENA, é a perrsonaxe máis abrupta, baixa da montaña, de Cimadevila.É un home que suxeita por medio dun pau unha cabeza de vaca feita de madeira, tapado por unha manta. Sae o Luns pola tardiña do barrio de Cimadevila, acompañada por un séquito de xente con formigas, toxos, cobelleiros, o burro e a máquina trilladora de Souteliño.

* AS FORMIGAS, van sempre acompañando á Morena.

* O TESTAMENTO DO BURRO, é unha composición literaria popular en cuartetos onde o testamentario exerce de executor do sentir común de toda a comunidade.

* A FARRAPADA, consiste en lanzar un trapo mollado en barro a todas as persoas que estean ou paseen pola praza.

VERÍN

A máscara máis característica e arcaica da Comarca de Monterrei é a do CIGARRÓN no val de Verín. Consta esta máscara dunha carauta de pau traballada en madeira e pintada de xeito que nela resalten as cellas, as sonrosadas meixelas, amplo bigote, cínico sorriso mostrando a dentadura e barba falsa.A máscara prolóngase nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, touro). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro, que se lle dá en Laza.

Máscara antiga de Cigarrón Ao igual que os peliqueiros, os cigarróns levan unha camisa branca con gravata vermella (na actualidade de cores variadas) e por riba unha chaquetiña curta de seda con galóns e alamares dourados. Cubrindo os hombreiros, charretas de militar proveídas de dourados frecos e pano de cores sobre eles, prendido con broches femininos. Na cintura, faixa de varias voltas e por riba dela cinto de coiro do que penduran por atrás, preferiblemente seis grandes chocas de cobre, que se colocan alternas pois diferencian o seu son en machos (graves) e femias (agudos). Ademáis de iren alternadas, deben tamén estar concertadas para que produzan o seu son característico. Unha das artes dos Cigarróns consiste precisamente en mover con xeito as chocas, usando do propio movemento do corpo. Cubrindo as pernas levan calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e borlas, nas que predominan as cores vermellas e verdes. O resto das pernas cúbrese con medias brancas que se suxeitan con ligas. Na man levan unha zamarra ou látigo do que pende, unha badana de pel.

Detalle das chocas ou chocallos

Látego ou pértega

O Cigarrón camiña sempre choutando e morneando as chocas, batendo coa zamarra a quen se cruza no seu camiño. Non fala e nunca debe sacar a súa carauta na rúa a pesares de que na actualidade sexa cousa frecuente. A mocidade vai tras del, aldráxandoo e chamándolle canto queira agás pronunciar o nome do que se esconde tras da máscara. Aqueles en quen baten non deben xámais tomar a mal os zamarrazos e o Cigarrón non pode tampouco sentirse ofendido polas aldraxes. Goza de total inmunidade o enmascarado, non pode ser tocado, é sagrado, aínda que está permitido darlle unha "lapada" nas costas para chamar a súa atención.

XINZO

O símbolo por antonomasia do entroido de Xinzo é a PANTALLA. As Pantallas, como encargadas da orde nos días de Entroido, buscan aos veciños que cometeron a erexía de sairen á rúa sen se disfrazar. Se é muller acósana, brincando e bailando diante dela. Se é home, como seguramente é un amigo, sentirase orgulloso de que o condeen a pagar uns viños na tasca mais cercana, e as pantallas agradecidas botaranlle unha cantiga. Unha Pantalla divírtese, corre, troulea, salta, brinca e sobre todo sufaldrea.

O traxe consta duns calzóns e camisa branca; na cintura levan un tipo de faixa de cor vermella, e unha capa da mesma cor, e nas pernas unhas polainas negras. Por riba da faixa, levan unhas pequenas campás ou chocas, que fan soar xunto coas vinchas infladas que levan nas mas o mesmo tempo que van correndo polas rúas de Xinzo. A cara lévana cuberta cunha máscara típica da zona, e personalizada.

Outros protagonistas do Entroido son os BOTEIROS de Vilariño de Conso, moi semellantes os de Viana e Manzaneda, de feito denomínanse de igual xeito. O seu traxe é moi peculiar, consta dunha camisa branca cunhas tiras de tea de diferentes cores que van facendo figuras xeométricas, os pantalóns son de cor vermello cuns flocos. A súa máscara está feita de madeira de bidueiro pintada de negro e vermello.

Por outra banda temos aos VERGALLEIROS de Sarreaus, cuxo Entroido tamén é de moita sona na provincia e fóra dela. A súa máscara é moi significativa, pois diferenciase moi ben das outras, igual que o traxe. A máscara é branca con motivos negros, e cuns adornos cunha especie de cornos sobresaíntes cara a arriba.

Hai que destacar aos FELOS de Maceda, dos que se pode dicir que son os máis ancestrais da provincia ourensá, contando cunha gran historia as súas costas. O seu traxe é moi parecido aos dos Peliqueiros en Laza, diferenciándose por exemplo na cor das medias, que neste caso son negras, entre outras. As máscaras son talladas en madeira cocida e lata pintadas, e nunca se lle pode quitar a ningún Felo, nin sequera se lle pode tocar. Este traxe a igual que moitos outros son signo de virilidade e só poden levalos os homes solteiros, antigamente non se lles permitía as mulleres levalos aínda que hoxe por hoxe si as hai.

Tamén en Allariz, podemos atopara un dos entroidos máis coñecidos e característicos da provincia de Ourense. Os seus personaxes principais son os CHARRÚAS , unha personaxe un tanto estraña, xa que non se atopan antecedentes históricos por escrito. Non teñen un traxe específico como ocorría nos outros concellos. Póñense calquera roupa, pero iso si de moito colorido, chocas, vergallo, e unha monteira ou pelica.

En Castro Caldelas tamén teñen moita sona as súas festas de Entroido. O personaxe central son os chamados IRRIOS PELIQUEIROS. A súa vestimenta difire moito dos anteriores, veste cunha especie de traxe cunha máscara de madeira dun home con barba, e nas mans leva un pau e unha correa de pel de ovella. E como ocorre na maioría dos demais personaxes, o resto da xente debe obedecerlle e gardarlle respecto.

En Bande tamén se celebran esta datas tan sinaladas e importantes na provincia de Ourense, aínda que esta tradición estase aínda a recuperar despois de 60 anos. Os personaxes centrais son os TROTEIROS. A súa indumentaria é moi sinxela, uns unha sabana, outros cunha camisa e pantalón branco; unha carauta feita de cartón cunhas campaíñas ao redor; outros tapan a cara cuns tapetes feitos na casa, e uns sombreiros adornados con espellos e postais, para protexerse do mal de ollo. A característica mais especial é que levan un pau na man e vanse metendo cos vellos e mulleres que va atopando no seu camiño.

Xa fóra da provincia de Ourense e no contorno de Santiago son característicos os personaxes dos XENERAIS e os CORREOS, homes montados dacabalo ue percorren distintas parroquias da zona vestidos con vistosos uniformes. Nas últimas décadas, de xeito fixo ou discontinuo, os xenerais da Ulla apareceron no Entroido dalgunhas parroquias dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Padrón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.A orixe destes desfiles de xenerais e correos parece estar na Guerra da Independencia. Xosé María Castroviejo relátao en Memorias dunha terra deste xeito: "Ponte Ulla: de tódalas parroquias chegaban as xentes para contempla-lo sen igual antroido. A parte principal era un combate entre os paisanos e as tropas de Napoleón. A francesada deixou un gran recordo en Galicia, onde houbo combates encarnizados dos napoleónidas coa paisanaxe.

Unha das características destes desfiles é que os seus integrantes empregan en numerosas ocasións o castrapo ou o castelán, imitando por tanto a lingua dos militares e chámanse a si mesmos "generales", usando a palabra castelá. Os Xenerais fan saltos, atranques e dan vivas aos veciños. Coma mostra, dúas coplas típicas destas máscaras:

General, general,/ no vengha con valentías / generales coma este / los como todos los días. Avanza caballo mío /por riba desa muralla /y atropella al enemigo / que siempre nos asoballa.

Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o LACÓN CON GRELOS como prato forte, acompañado de doces como as ORELLAS ou as FILLOAS, son as comidas típicas destas festas.

BO PROVEITO!

7 comentarios:

xose pi dijo...

grandiosa entrada una vez más...

Joder, tremendamente documentada, estupendamente escrita, fantásticamente completada con imagenes...

Pensaches algunha vez mandar o curriculum a unha empresa do tipo TVG, LOCALIA, CORREOGALLEGO...?

Eres filóloga galega... pois por ahí a cultura galega está por vir ainda. As túas entradas, non desmerecen ningún artículo de periódico que poidan sacar estes días calquera periódico. En serio, CUM LAUDE de novo...

Gustoume un montón!!

Blogueira dijo...

Pois a túa blogueira favorita alégrase un montón de que che guste, que o meu traballo me custou... Tiña máis fotos e información pero sería unha entrada demasiado longa. Hai un montón de información sobre este tema pola rede. Resultoume tan interesante que creo que vou usar esta información para tentar metela na miña programación das opos. A ver que sae.
¡Ah! E teño pensada unha entrada de disfraces "chachis" ; a ver se mañá teño un ratiño entre filloa e filloa.

xose pi dijo...

que cabrona... poñendote "fina" cas filloas!!!

A ver que fas!!

Unha demanda do sr. romero, de hai non sei cantas entradas, dun diccionario de GALEGO on line, ao mellor ti sabes. Eu recomendeille un de www.vieiros.com, pero seguro que ti estás máis posta.

Si sabes algún, pono por aquí, que seguro que virá de visita polo cheiro do ANTROIDO!!!

Apertas.

Blogueira dijo...

Pensei que xa puxera o do dicionario, pero non debeu de publicarse. Poreino aquí e na outra entrada por se acaso.
Para min o mellor tradutor (de textos, archivos e páxinas) é o Open Trad que está en http://sli.uvigo.es/tradutor/
E para o dicionario a Xunta ten un no seguinte enderezo:
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html

E o de "entre filloa e filloa" é FACÉNDOAS!!!Aínda que algunha caerá

Anónimo dijo...

Moitísimas grazas aos dos pola axuda!
(hummm...).
Ya tengo añadidos a mis favoritos tanto el traductor como el diccionario. Con ambos, y las entradas de Blogueira (por cierto, me repito, pero he disfrutado mucho con estas detalladas explicaciones del carnaval, y por cómo están hechas), voy a ir aprendiendo gallego. Si alguien se pregunta para qué quiero aprender gallego... la respuesta es: pues para lo mismo que quiero aprender esgrima.
Otrosí: las filloas... mmm, qué buenas, y el lacón.
Mais.
Pois "avatar" ten en galego o mesmo sentido que en castelán.
Así que no sé porqué le llamáis avatar a vuestros iconitos.
Bicos e apertas.

Anónimo dijo...

Hola, Romero...

Gracias una vez más por tu fidelidad. Me alegro que estés por el galego: LINGUA NAI de todos nosotros, o de la mayoría. La política lingüística está acabando con ella... o mejor volviendola de papel. Siempre lo diré, el mejor y más auténtico galego que he oído nunca se lo he oído a mi abuela, que nunca se vio influída ni por la tele (no tenía) ni por los textos (no sabía leer), y era una humilde mujer del campo con una riqueza lingüística algo extraordinario... SAUDIÑA E SORTE era su frase favorita. Pues eso, Romero, Saudiña e sorte.

Lo del avatar, no sé de donde viene, pero desde internet, es el nombre que circula para los iconos identificativos de cada persona. Creo que debíó surgir con el MESSENGER y los CHATS, por lo que seguramente sea un vocablo INGLÉS. A mi, que conste que me gusta más lo del ICONITO, pero bueno no sabía tampoco que no tenía que ver con un dibujo/foto, así que muxas gracias por la aclaración, Javier. Si consigo averiguar algo, ya te contaré!!.
Desde luego, hay hasta webs que venden y diseñan "AVATARES" para internet, e incluso alguna web, una rusa en concreto, que es AVATARZ-.... y no sé que más, que es una web de variedades. O sea, que me he quedao bastante descolocado con todo esto del AVATAR.

Muchos saludos!!!

Xose

Unknown dijo...

Estimados amigos,

Mi nombre es Javier Carro y soy secretario de la Sección Española del CIOFF, Asociación Internacional que cuenta con el apoyo de la UNESCO. Se trata de una asociación sin ánimo de lucro dedicada al estudio, investigación y difusión de la cultura tradicional, sobre todo el folklore.

Queremos editar un libro de investigación denominado MAPA HISPANO DE BAILES Y DANZAS DE TRADICIÓN ORAL. Se editarán 1.000 ejemplares y no tiene un objetivo económico, sino que el coste se cubre con una subvención del INAEM y la "venta" a precio de coste del libro a instituciones públicas.

El autor ha incluido fotografías suyas que ha tomado de la página web, pero necesitamos de tu consentimiento para publicarlas, por supuesto, en el pie de foto aparecería el título de la foto, el autor y la web de donde se ha tomado.

La fotografía es

Vergalleiros, Sarreaus (Ourense)
http://compostelaesgrima.blogspot.com/2008/02/chegou-o-entroido-e-ii-festa-do.html


Si no recibimos su consentimiento, en ese caso, las suprimiríamos.

Agradecería que nos respondira tan pronto como le sea posible, ya que queremos empezar el mes próximo con la maquetación.

Muchas gracias

Un saludo

Javier Carro Romero
Secretario Cioff – España