sábado, 5 de enero de 2008

XA VEÑEN OS REIS.....
No Opus imperfectum in Matthaeum reprodúcese a seguinte lenda, cuxa orixe está no Liber nomine Seth: existía un pobo costeiro en Extremo Oriente cuxos habitantes estaban convencidos do advenimento dunha estrela que habería de conducilos ata o Mesías. Movidos pola esperanza daquel prodixio, elixiron a doce dos veciños máis versados nos arcanos da astroloxía para vixiasen a aparición daquela sinal. Cando morría algún dos sabios elixidos para espiar os ceos, substituíao o seu fillo ou parente máis achegado.Ano tras ano, despois de recoller as colleitas, subían os doce vixiantes celestes a un monte e alí pasaban tres días rezando. Así xeración tras xeración. Ata que un día apareceu no ceo a estrela ansiada, que resultou ter forma de neno e sobre a cal apreciábase unha cruz de contornos difusos. De modo que puxeron rumbo a Xudea, nunha peregrinación que durou dous anos.
Como ben sabedes todos os Reis Magos, tamén coñecidos como os Magos de Oriente, son personaxes procedentes da cultura popular italiana, cuxa función principal é vixiar o comportamento dos nenos e traerlles regalos.
Pero imos destacar algunhas curiosidades da verdadeira orixe desta tradición:
* na Biblia só aparecen mencionados, moi de pasada, no Evanxeo de san Mateo (2, 1-12), onde son presentados como “sabios de Oriente”, sen especificar o seu número, aínda que algúns comentaristas apresúranse a deducir que son tres por ser tres as ofrendas: mirra, incenso e ouro, cuxa simboloxía, por certo, dá pé a complicadas interpretacións

San Mateo

* No protoevanxeo de Santiago (XXI, 1-4) ofrécesenos unha versión case idéntica do relato que atopamos en Mateo, mentres que no Evanxeo do pseudo Mateo (XVI, 1-2) asegúrasenos que aqueles magos orientais chegaron a Xerusalén dous anos despois do nacemento de Xesús, de modo que Herodes debeu ordenar a matanza de nenos de máis ou menos dous anos de idade, xa que sería un derramamento de sangue inútil o feito de pasar a coitelo aos recén nados, ao non poder atoparse entre eles o futuro rei dos xudeus que a profecía de Balaam relacionaba coa aparición dunha estrela.

O rei Herodes o Grande

* Seica ningún dos chamados pais da Igrexa asegura que aqueles tres nómades foran reis (aínda que Tertuliano, azote dos herexes, supón que son de estirpe real, coincidindo co bispo san Cesario de Arles, defensor da flaxelación como método de disciplina para as monxas rebeldes), e hai quen sospeita que a palabra “sabios”, nos textos orixinais, deriva do grego màgoi e do latín magi, palabras que derivarían á súa vez da palabra persa magù < mogu< mahat, nome que se daba aos sacerdotes do culto a Zoroastro, aínda que non falta quen supón que foron sacerdotes de Mitra, o deus solar (a saber).

* Parece ser que os magos foron ascendidos a reis porque a palabra “mago” tiña connotacións antipáticas para a Igrexa – en pugna constante coas correntes mistéricas e gnósticas-, sobre todo a causa das súas desavenencias con Simón o Mago, que deu nome ao pecado de simonía [compra ou venta ilícita do que é espiritual por bens materiais] e que, seica, se elevou sobre o ceo de Roma grazas ás artes do Príncipe das Tebras, ata que as oracións de san Pedro e san Paulo o fixeron caer, quedando descalabrado e medio morto, circunstancia na que algúns queren ver un ensaio do que lle sucederá ao Anticristo no caso de que se anime a entrar en acción.

Morte de Simón o Mago

* En canto ao número deses reis ou magos, as cifras tolean: a tradición siria, por exemplo, deu por bo que eran doce, eles saberán por qué (quizais por ser doce as tribos de Israel); nalgúns sectores coptos foron máis optimistas e elevaron ese número a sesenta (abruma o feito de imaxinar esa multitude de monarcas, perdidos por desertos e por vales tórridos, vixiando o rumbo dunha estrela paranormal nos ceos nocturnos, desexosos de chegar a un destino ignorado); no chamado Evanxeo armenio da Infancia – que se supón redactado no século V – os reis son tres e irmáns; pola súa banda, no Evanxeo árabe que se conserva na Biblioteca de Florencia o número de reis oscila entre tres, dez e doce. E así sucesivamente. Semella ser que o primeiro que estableceu a terna foi o alexandrino Oríxenes, pero acabou sendo o papa san León, no século V, quen, nun intento de pór orde nos cálculos hiperbólicos, fixou o seu número en tres; polo demais, nun sermón atribuído a san Agostiño suponse que a historia dos magos representa a unidade da substancia divina e a distinción das persoas na Trinidade.

Papa san León Magno

* Aquelas entelequias itinerantes tiveron nomes diversos: en grego, Malgalat, Galgalat e Sarathin; en hebreo, Appellius, Amerius e Damascus; en sirio, Larvandad, Hormisdas e Gushnasaph; en armenio, Kagba, Badalima e non sei qué; etc. No chamado Libro da Caverna dos Tesouros, que se supón composto en Mesopotamia entre os séculos V e VI , atribúese aos magos unha orixe caldea e identifícaos con Hormizd de Makhodzi, rei de Persia; con Jazdegerd, rei de Sabá, e con Perod, rei de Seba; nun manuscrito datado entre os séculos VII e VIII, aos reis denomínaselles Bithisarea, Melichior e Gathaspa, e así ata que vostedes queiran.

* o asunto da estrela: un tópico. Entre os antigos era unha superstición xeralizada o asociar o nacemento dun deus, dun mesías ou dun gran home coa aparición dunha estrela. Foron os casos de abraham, de Xulio César, de Pitágoras, de Zoroastro e de Krishna, por exemplo. Santo Tomás de Aquino quixo ver na estrela que guiou aos magos de Oriente unha manifestación do Espírito Santo. As modernas teorías dos modernos ociosos barallan infinidade de conxecturas sobre a estrela en cuestión: ¿unha conxunción de Xúpiter e Saturno?, ¿un cometa?, ¿unha cambiante stella nuova?

Toda esta información está tirada do libro Mercado de espejismos, de Felipe Benítez Reyes, obra gañadora do Premio Nadal 2007. Nela relátasenos a tentativa de roubo do relicario que contén os restos dos tres Reis Magos, que se atopa na catedral de Colonia (e que estou lendo nestes días).

Catedral de Colonia

E despois de tanta cultura, a deitarvos cedo para que os reis non vos collan de pe, e descubrades que .... os vosos pais vos tiveron enganados durante todos estes anos ...

OS PAIS NON EXISTEN !!!!!!

E para recuperarvos dos susto, un trociño dunha das pelis máis divertidas: A VIDA DE BRIAN, dos inimitables MONTY PYTHON

E xa sabedes, se ao espertar non tedes regalos dos Reis Magos (nin siquera un trociño de carbón), é que se confundiron de "pesebre"; así que ide reclamar á casa do veciño.

3 comentarios:

xose pi dijo...

muyyy bien, begoñita, una vez más, tremenda entradona:

no sabía yo que el tema de los Reyes Magos estaba tan inconcreto.

Y que hayan sido los italianos!!
Qué coño, ahora es lo nuestro, y con ello palante hasta LA MUELTE!!!

Los videos auténticos, una vez más. Los padres no existen!! Qué tremendo!!.
El de la vida de Bryan, por si fuera poco, has dao de pleno, escogiendo el momento! Es excelente. Me encantan los Monthy!!

Gracias una vez más.

Ya sabes... comentarios no te esperes... como no sea alguno de nuestros visitantes nacionales, pa quejarse que esté en galego!! (hay visitantes contrastados, de cataluña, valencia, pais vasco, madrid...

Pal pelo!

Saudiños, e grazas de novo!!

Anónimo dijo...

Pues no. Yo al menos no me quejo de que esté en galego, sino todo lo contrario.
Así, además de aprender cosas sobre esta tradición sacerdotal-mágico-monárquica, practico y aprendo un poco de vuestro idioma.
Enhorabuena por ambas cosas.

Blogueira dijo...

Bueeeeno, pois para non esperar comentarios, XA TEÑO DOUS!!! Considérome afortunada.

O dos Reis Magos é para que vexas que non todo é o que semella; todo está alterado, manipulado , modificado,.... para crear unha lenda. Coca-Cola escolleu a unha personaxe real: San Nicolás de Bari, e usouno para fins comerciais( e xa sabes cal é a segunda palabra máis coñecida no mundo). Pero quizais os Reis nunca existiron.

Pois xa estaba pensando en cambiar ao castelán, pero como ao único foráneo que expresa a súa opinión non só non lle importa senón que me anima pois... seguiremos co galego.
Por cierto Sr. Romero, no sé a que se dedica profesionalmente, pero si no es a escribir debería ( o por lo menos podría) hacerlo. Las entradas "pirateadas" que aparecen en este blog son magníficas; sobre todo la dedicada a los zurdos, que puede ser considerada como un pequeño estudio de gramática histórica.

Graciñas polos ánimos!