domingo, 30 de diciembre de 2007

PI.SADILLA ANTES DE NAVIDAD

Estiven pensando moito o tema desta entrada no "Piblog", porque para min é un honor e unha responsabilidade ser invitada a participar nun blog dun clube de esgrima (deporte do cal descoñezo case todo). Así as cousas, non podo facer outra cousa que dedicarlle a miña primeira entrada. Deste xeito, se non vos gusta, xa sabemos a quen botarlle a culpa (sobre todo porque é o único vínculo común que temos).

Aproveitando o "amor" que o voso presidente mostra polo gordo impostor de Santa Claus (Pi dixit), falarei dunha das miñas pelis favoritas de Nadal; aínda que tamén serviría para o Samaín ou para o día dos Inocentes.

Algúns carteis da peli en diferentes idiomas
A película, dirixida por Tim Burton en 1993, e relata o intento de Jack Skellington, rei das cabazas de Halloween, de suplantar a Santa Claus para crear unha versión renovada do Nadal, na que as bromas macabras substituirán aos tradicionais bos sentimentos. Non será Pi un moderno Jack Skellington?
Algunhas das personaxes principais son:

Jack Skepington

Sally e o doutor Finklenstein
Zero, can de Jack e o alcalde de Halloweentown
Lock, Shock e Barrel, secuaces de Oogie Boogie

Santa Clavos

Os nenos Lock, Shock e Barrell son os encargados de secuestrar a Santa Clavos, para que Jack o substitúa en noiteboa.

Pero ao final Santa Clavos remata nas mans de Oogie Boogie:

Síntoo polos amantes da VO pero subtitulada non a atopei e I don´t speak english ( agardo que se escriba así)

Así que aos Reis Maghos pódeslle pedir o DVD desta marabillosa obra de arte, e vas collendo ideas pas raptar todos os Papá Nöel que penduran de balcóns, fiestras e portas.

e emular a estes do debuxiño

Ou ben podes conformarte co boneco de vudú que teñen os de yosoydelosreyesmagos (seguro que os teus amigos de Oriente cho traen)

Despídome, agardando verte convertido, o ano que vén, no noso particular Jack Skepington (quizais con coroa, capa e, por suposto, espada)

2 comentarios:

xose pi dijo...

jolines con la BLOGUEIRA... coma sempre, unha entrada do máis completa. Vaia que me gustou.

Aparte do meu idolatrado TimBurton, creo que posiblemente a miña "peli" de animación favorita (xunto con JAMES Y EL MELOCOTÓN GIGANTE, STEAMBOY y alguna otra...)é sin duda a de JACK. Dentro da peli, unha dos persoaxes que mais me molan e Ooogie e máis os nenos que raptan a SantaCravos.

A Peli é increíble. PuXenlla aos nenos da miña clase durante xeracións diferentes e a maioría non a coñecían (ao mellor agora sí, por aquelo do mercadeo da súa imaxen).
Posiblemente o mellor dela é a sua banda sonora, tremendamente pegadiza... this is Halloweeen, halloween... Unha marabilla.

Pois nada, Bego, FELICITACIÓNS unha vez máis, e xa sabes, si estás aburrida, anímate a participar... eso sí, non esperes comentarios, que os visitantes deste blog, a maioría son DE NON!!!

UNha aperta moi forte, e felicitación á Begoña a BLOGUEIRA.

XPI

Anónimo dijo...

Pois a min alégrame que che guste. É que Tim Burton é un xenio, desde Bitelchús ata a estupenda La novia cadáver. Haberá que agardar por Sweeney Todd.

Non te preocupes polos comentarios, que xa teño o costume de non agardalos (agás os teus, claro!). Xa porei algún nas túas entradas, que eu sei o que se "sofre" pola insolidariedade allea.

Ata a próxima!