jueves, 26 de octubre de 2006

RUXE-RUXE: unha pouca de música ROCK Non podo deixar de dar outra primicia... os de RuxeRuxe fan novo disco, chámase COMERCIAL, e botan nel toda a súa sapiencia e bo facer. Dende Aríns-Compostela, é rock de aquí, do auténtico, do que non merece a pena piratear, porque eles valeno todo. Once pezas onde os de Aríns nos dan outra volta polo seu estilo de guitarras punk-rock, melodías gaiteiras roubadas á tradición e textos que falan da realidade que rodea á banda. Cheos de retranca, de realidade social, de escarnio e de maxia, os ruxe-ruxe son neste disco máis da terra que as miñocas. ………. Foi gravado nos estudios casadetolos por Segundo Grandío e producido polo propio grupo. "COMERCIAL" atoparédelo en todas as tendas a partir do luns 23 de outubro. "Comercial" son once cavilacións en venda. Son once ideas cativas e retorcidas que se trocan por diñeiro e que endexamais estarán de saldo. "Comercial" son once principios escritos en papel de fumar e que combusten entre os beizos mentras enervan os teus argumentos. "Comercial" es ti mercando a nósa ialma... ...tás avisado! Carallo, e o mellor de todo é que vai sair á venda por 10 míseros euros. ¿Quén se atreverá a piratealo?. Se vos mola, pedídeme un que volo regalo eu, que estes son dos que merecen a pena. Non gañan apenas cartos co Cd. Son coma nos, gústalle o que fan, simplemente por facelo e por darse gusto a si mesmos e ós seus seguidores. Se visitades www.ruxeruxe.com veredes coma estamos entre os seus enlaces... e teñen un lilbro de visitas coma o noso, que non hai quen entre nel, está tamén escarallado... será de poñer tantas parvadas?? Ale, xa o dixen, agora tócavos a vos preguntar por él nas tendas, ainda que non o compredes, e se queredes escoitalo, eu tan pronto salga poñereino a toda caña no coche!!!!

No hay comentarios: