miércoles, 4 de junio de 2008

FELIZ ANIVERSARIO!!!!

Era un caloroso día 4 de xuño de 1968 cando un neno chegou ao mundo na cidade de Compostela. Era o primeiro neno despois de dúas rapazas, e déronlle o nome do seu pai: Xosé Luís.
Parece mentira que pasaran xa 40 anos! Non podía deixar pasar esta data para dedicarche unha entrada no teu blog. Así que aí vai a típica cancionciña:

E para os que non saibades que regalarlle aí van unhas suxerencias.

De todos é sabido que a Pi gústanlle .....

As ESPADIÑAS

Os FERRARIS

a ESGRIMA

o CICLISMO

os PIRATAS

os CÓMICS

a ESTRELLA

FACER FOTOS

o ORIENTAL

o GIN TONIC

MAYUMANÁ ( o día 13 de xuño en Sar)

Pero é de bo conformar, así que ao mellor chégalle con

unha FELICITACIÓN

un cachiño de TORTA

unha APERTA

un BICO

e ...... un "CUMPLEAÑOS FELIZ"

FELICIDADES PI..........

e que cumpras moitos máis!!!

5 comentarios:

xose pi dijo...

cajon tó. eu por ahí a dicier a miña idade verdadeira (50) e vas ti e quitasme 10 anos. Xa sei que o fixeches ca bua mellor vontade, pero eu nacín en 1958!!! Xa estou farto de que me boten menos anos dos que teño. Co que costa cumplilos!!

Buah!! Vaia regalaso. A parte das felicitacións de amigos e da familia, hoxe foi un día moi especial. Fixen un senderisco cas familias do meu cole ata o pedroso e alá no cumio puxeronse de acordo para avergoñarme cantandome o Happy Birthday. Chema, un colega do traballo, regaloume uns libros moi chulos, e Alberto de esgrima unha fotiño wapísima que está hoxe na web.
Ademáis do agarimo, que é o que máis aprecio, de todo o mundo, a tua entrada foi increíble. Recordareina sempre... a verdade, é que si miras no diccionario e me atopas alí, salirá algo parecido. Qué boísima selección. Diches no cravo con todo, e aparte cun gusto exquisito: quizáis faltaron os amigos... de sempre e o mar de laxe e arredores!!
Os bonequiños laranxas, caralludos, mayumaná, acolloante... pero o de PARCHÍS, era pa darche unha labazada, je,je. Qué tempiños.

Pois nada, no límite final do meu aniversario, casi xa no día 5 de xuño, unha aperta grandísima e un agradecemento moi sincero!!
Unha fenómena estás feita!

bks: pi

Anónimo dijo...

me uno a la felicitación, sólo en caso de que sean 40...

xose pi dijo...

graciñas, tamén a lechu pola súa felicitacion. Sodes moi boa xente. Van sendo uns cantos anos, xa. Como me dixo miña nai xa estou na metade da vida. Non sería mala idea chegar ben aos 80. Ata que sexa campeón de españa de esgrima de veteráns non o deixarei... espero!!

Apertas a Lechu tamén!

Blogueira dijo...

Pois eu xuraría que eras da xeración do 68, coma un par de "amigos-familia" que temos por aí.Pero consérvaste estupendamente para o medio século.
Alégrome de que o pasaras tan ben o día do teu "cumple" e de que che gustara a entrada. A verdade é que a fixen con moito cariño pero con pouco tempo, polo que non puiden poñer todo o que penso que che gusta. Ademais ben o mereces despois de poñer ese "entradón" dedicado ao meu minino favorito.
Ah! e o da canción de Parchís, a verdade é que quería poñer a de "Feliz, feliz en tu día" dos pallasos da tele que creo que vai máis cos da túa xeración, pero a versión que atopei non me gustaba, así que foi esta.

xose pi dijo...

cajon tó... mira que meter aos de parchís... Menos mal que ENRIQUE Y ANA non tiñan nada deso que sinón...
Vaia, pois grazs de novo, Bego. Xa sei que andas con pouco tempo. Eu ando parecido. Ainda que espero que en breve empezar a racanear e haraganear un pouquiño, que falta me fai!!.

Yeah!! Dalle duro ao chape!!

Xa te vexo de profeeeeee....... revisando exames e cachando chuletas!!

Animo!