domingo, 2 de marzo de 2008

BRUNO BOZZETTO
BRUNO BOZZETTO (Milán, 1938) é un recoñecido animador italiano, creador de moitas curtametraxes, sobre todo de tema político e satírico. Creou a súa primeira curtametraxe animado "Tapum! The weapons' story" con só 20 anos.
A súa personaxe máis coñecida, un pequeno e desgrazado home chamado SIGNOR ROSSI, pódese ver en numerosas curtas animadas, participando tamén en tres películas .
En 1965, Bozzetto produciu a súa primeira longametraxe animada: "West and soda" , unha parodia das películas "western" americanas.
En 1968, Bozzetto lanzou "VIP, mio fratello superuomo", un cliché do superheroe. Mais, o seu traballo máis coñecido é, probablemente, "Allegro non troppo", película de 1976, caracterizada por ser unha montaxe a base de trozos das súas curtas, fixadas á música clásica á maneira da Fantasía de Disney, pero de natureza máis humorística, máis económica na execución e con temas narrativos máis sofisticados.

Despois dunha longa pausa, Bozzetto produciu en 1987, unha película con personaxes reais, “Sotto il restorante cinese”, o seu último traballo destas características ata asistir ao piloto de “Mammuk” , un filme animado sobre o cine en épocas prehistóricas.
En 1995, produciu unha curtametraxe animada para Hanna Barbera "Help?", que conta as aventuras que ten que sufrir o gato Jof para que no hospital lle curen o seu dedo ferido. En 1996, en cooperación coa RAI creou “La famiglia Spaghetti”, teleserie de 26 episodios de historietas. a familia Spaghetti é unha amilia media, numerosa e bastante caótica. A nai é a típica "mammona", o pai relativamente folgazán e os fillos, espantosamente desordeados, amantes da música e pouco da escola, están sempre en eterna pelexa cos pais. O único que os pon de acordo é o seu amor incondicional polos espaguetis que comen todos os días tanto ao xantar como á cea.
Nestes últimos anos Bozzetto ten creado multitude de pequenos "flashfilms", como “Europa & Italia", no que mostra, en clave irónica, as diferenzas entre o comportamento italiano e o europeo; "Yes & Not",un film educativo sobre a condución viaria, que demostra como o código de circulación non sempre pode resolver todos os problemas; ou "Olympics", unha parodia dos deportes.

E atopei uns cantos vínculos de Bozzetto coa esgrima (ademais da pequena alusión en Olympics).

Tapum! La storia delle armi Il corsaro nero

E, finalmente, IL SIGNOR ROSSI e LA SCHERMA

A súa páxina está chea de debuxos e animacións (algunhas dos flash pódense ver nela, e moitos están en YouTube): http://www.bozzetto.com/

3 comentarios:

xose pi dijo...

guau, excelente entradón.

todo muy bien.

empezando por el personaje del sr. rossi, completamente desconocido por aquí, por la entrada, totalmente inesperada del sr. bozzeto.
El clip del EUROPA/ITALIA, para mi, que le pones los colores de España, en vez de Italia, y tal cual también... si es que la culpa debió de ser de Julio Cesar!!!
Alucinantes los dibus de las spaditas y del rossi espadachin.
El pobre del OTTO de Olympics, te acaba dando pena... todo le acaba mal. Está simpático el ASALTO DE ESGRIMA como se resuelve, a veces sí que da ganas de acabar así con el contrario.
Mu chulo el dibu del ratón espadachín.

fenomenal, srta BLOGUEIRA.

Se ha lucido vd. una vez más: GRACIAS POLA sÚA COLABORACIÓN.

Blogueira dijo...

Un pracer colaborar neste blog tan "diverso".
Foi todo un descubrimento este do Sr. Bozzetto; e xa que este blog está aloxado nunha páxina de esgrima, qué menos que dedicar uns debuxiños e animacións a este noble deporte!
Tamén ten un flash no que compara comportamentos femininos e masculinos que é moi divertido. E con respecto ao comportamento italiano e as súas semellanzas co español, eu pensei o mesmo: xa se sabe que coa lingua tamén veñen os costumes ( e non só as festas e a relixión).

Arrivederchi caro amico!

xose pi dijo...

Bravísimo "blogueira". Tutto presto para la tua prossima collaborazione!!

Molti bacci e grazie mille.