sábado, 26 de enero de 2008

CHEGOU O ENTROIDO (I)

ORIXES Non se ten precisado con certeza a orixe das festas do Entroido.

A orixe do carnaval é incerto. No mundo Romano atopamos varias festas do mesmo carácter que o carnaval cristiá, como as Saturnais, as Bacanais ou as Lupercais, estas últimas celebrábanse en febreiro.

Nas SATURNAIS romanas todo lo que ordinariamente estaba prohibido, nese momento permitíase, as barreiras sociais desaparecían, as leis e os cargos públicos eran caricaturizados. Nestas festas existía como costume xeneralizado, o troco de agasallos e invitacións, de vestirse con máscaras ou disfrazarse e de que os señores vestisen humildes roupas dos escravos, gozando estes, por contrapartida, de certa liberdade, sen recoñecer amo algún. O pobo elixía ao rei dos bufóns e este daba ordes irracionais, incitando á bebida, ao baile desenfrenado, e a todo tipo de placeres. Ao final do festexo este rey era executado. Estaban dedicadas a SATURNO, deus das colleitas e das sementeiras; e probablemente foran a festa da finalización dos traballos do campo, celebrada trala conclusión da sementeira de inverno, cando o ritmo das estacións deixaba a toda a familia campesiña, incluidos os escravos domésticos, tempo para descansar do esfuerzo cotián.

L'hiver ou Les Saturnales; Antoine-François Callet ( f. s. XVIII)

Saturno devorando a un hijo, F. de Goya (1819-1823)

As BACANAIS eran festas en honor a BACO (deus mitolóxico romano do cal deriva o nome bacanal) ou DIONISO (deus mitolóxico grego), nas que se bebía sen medida. Críase que ao beber cantidades excesivas de viño, os membros do culto poderían liberarse das inhibicións sociais e entrar no reino do abandono divino. Nos festivais públicos, que eran as verdadeiras bacanais, a xente disfrazábase de personaxes dos mitos.

Baco; Caravaggio (1598) ------------ La juventud de Baco; W. A. Bouguereau (1884)

As LUPERCAIS romanas celebrábanse 14 días antes das kalendas de marzo. Conta a lenda que, atopándose Rómulo no monte Capitolio, preto da cova Lunaria onde fora amamantado por unha loba, decatouse de que se lle perdera o gando que estaba pacendo. Desesperado, pediulle axuda ao deus fauno Luperco, protector das reses e da fertilidade. Despois de ofrecerlle un sacrificio, o deus ordenoulle correr espido na súa procura polo monte abaixo. Así Rómulo deu con el, e coa única axuda dun pequeno látego de coiro, voltou a reunir o gando suficiente para continuar fundando o primeiro imperio de occidente. Esta é a orixe das festas Lupercais, que co paso dos séculos convertéronse nunha grandísima celebración orxiástica na que participaba todo o pobo o 15 de febreiro. O folión principiaba cando os mozos baixaban correndo do Capitolio batendo na xente cunha badana. As similitudes entre os mozos romanos e os peliqueiros lázanos é clara, sobre todo tendo en conta a forte romanización que afectou á Gallaecia. Os peliqueiros conservan a pelica que antes era de gato e agora é sintética para cubrirse. A súas máscaras, dende tempos inmemoriais que se remontan á dominación romana, están vencelladas ós animais totémicos que coinciden cos sacrificados nas festas das Lupercais: os cánidos (lobo, raposa ou can) e os cápridos (cabra,año ou carneiro). Deus Luperco --------------------------------------Rómulo e Remo

Peliqueiro (Laza - Ourense)

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo Carne Vale (é dicir "o adeus á carne") do que despois derivou a palabra CARNAVAL; E o termo Introitum (que significa "a entrada á Coresma") do que vén a palabra ENTROIDO (ou Antroido).

O ENTROIDO fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ao mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, isto é, as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de don Carnal sobre dona Coresma, que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

Combate entre don Carnaval y doña Cuaresma; Pieter Brueghel (1559)

O Entroido é unha festa na que os ritos e manifestacións de orixe arcaica mestúranse, na época romana, con outros de tipo social que perduran ata a Idade Media, adquirindo tamén un sentido cristián. A convivencia de ambas manifestacións, a pagá e a cristiá, lévannos definitivamente a fixar os carácteres que aínda hoxe se detecta na festa do Entroido. A cultura popular era poderosa mentres que a oficial e relixiosa era máis feble, polo que, con fins propagandísticos, a igrexa facía cadrar as súas festas con aquelas que fosen pagás co único fin de intentar cristianizalas.

As festas populares nas que a risa, a burla ou a pantomima eran elementos esenciais, foron consideradas como cousa demoníaca, emanante do Inferno; e o rezo, o recollemento, a oración e o arrepentimento como provintes de Deus. Estas premisas marcaron a concepción filosófica dos primeiros tempos da igrexa medieval e, en canto comenzou a considerar como unha segunda natureza humana estas manifestacións de desafogo, ata o estamento relixioso chegou a asumilo no contorno do seu propio ritual, permitindo estes excesos en determinadas datas do ano, co único fin de erradicalo aos poucos. E desta forma os mesmos relixiosos, conscientes do seu papel transformador, contribuíron á súa expansión baixo novas formas, potenciadas por eles. Satanás segundo Gustave Doré

Deus segundo Miguel Ángel. Creación del Sol y la Luna (Capilla Sixtina)

Así chegaron a recrearse xocosas e satíricas de paisaxes bíblicas e de libros relixiosos, sempre xustificándoas baixo a premisa desa segunda natureza humana. Na liturxia, nos funerais, nos matrimonios, bautizos e outras cerimonias comezan a aparecer estas manifestacións satíricas. Exemplo diso son: as festas do San Xoan, os Inocentes, a Liturxia dos Borrachos, o Evanxeo dos Borrachos, o Testamento Porcelli e outras letanías que, sen ningunha dúbida, nos remiten aos Testamentos e Enterros das nosas festas do Entroido. Tamén vellas pezas teatrais, os "ministerys" (dos menestrais=gremios) con intención ridiculizadora son un precedente dos Entremeses e Apropósitos dos nosos tempos.

El triunfo de Baco o Los Borrachos; D. Velázquez (1628-1629)

En España foron inútiles as reiteradas prohibicións de celebrar a festa de entroido (Carlos V, en 1523; Felipe V en 1716-1717 e 1745; Carlos IV, en 1797). A última prohibición foi por decreto en 1939 debido ao cariz que tomaran os carnavais do s.XIX. O entroido era temido tanto desde o punto de vista moral como político. Coa caída do réxime franquista comezou a xurdir outra vez o Entroido.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Maravillosa historia, la del carnaval, con sus profundas raíces paganas y su absorción y metabolización parcial por el cristianismo... Por cierto, tu escrito me ha hecho venir a la memoria la batalla de Don Carnal y Doña Cuaresma, en el Libro del Buen Amor.
Gracias pot la entrada.
Además, reitero que es un placer leerte en galego.

blogueiro dijo...

jolines, si hasta el Sr. Romero se me ha adelantado....

qué buena la entrada de Begoña sobre el CARNAVAL. Como no me la esperaba, creo que me ha sabido mejor.

Aún no he podido leerlo con detenimiento, y he venido raudo a agradecer la entradilla,cuando me encontré a nuestro amigo de Barcelona ya por aquí. Gracias también por la visita.

Antes de meterme a saco con la info... bueno, mejor me la leo y luego pregunto pa no meter la pata.

.....

Bien hecho, porque ya está más o menos aclarado. La duda venía de la dualidad esa de ENTROIDO/ANTROIDO que tanto se dio y que menos se da, ya que yo recuerdo toda la vida (siendo de Santiago como Begoña-blogueira) incluso en los carteles institucionales del Concello la palabrita ANTROIDO, y observo desde hace unos años como que va perdiendo terreno por una (para mi), más extraña... ENTROIDO. Y siendo profe, ya te diré lo que le enseño a los churumbeles: la verdad es que para asegurar y conociendo la amable convivencia entre las dos, procuro usarlas indistintamente, a pesar que me inclino por la A.

Pues bien, mi querida filóloga... FAGO BEN, OU NON??

Espero tu respuesta. bip-bip.

Ah, y por aquello de las mentes calenturientas, a mi lo de BACANALES siempre me sonó a SEXO A SACO (tipo orgía y eso...).

Bicos e parabens unha vez máis. De novo golazo pola escuadra!!!

Espero o de ANTROIDO II, a ver que se che ocorreu: quizáis formas de celebrar en Galiza o CARNAVAL...
Peliqueiros, Xenerais, Cigarróns...

Blogueira dijo...

Moitísimas grazas aos meus dous visitantes favoritos.

Tamén eu recordei o libro do Arcipreste de Hita, pero xa me pareceron datos e "culturilla" de máis.
E gústame que lle guste lerme en galego.
Seguirémonos lendo.

-----------------------------------
Querido Pi:
- a normativa e máis común é a forma Entroido; Antroido considérase unha forma popular. Tamén eu me decatara do antroido compostelán, pero o concello ten unha estupenda oficina de normalización lingüística, polo que é pouco probable que cometan erros dese tipo.
- as Bacanais celebrábanse 3 veces ao ano e, nun principio, eran segredas e feitas por e para mulleres. Pero entraron a participar os homes (animais de perdición!!!) e pasaron a celebrarse 5 veces ao mes, e "descontroláronse" un pouco, tanto que o Senado chegounas a prohibir no ano 186 aC. O ritual báquico consisteu na iniciación pola que o individuo entraba a formar parte da asociación báquica, e nunha experiencia orxiástica, segundo a cal, mediante a borracheira, o baile e as manifestacións de erotismo, cría o iniciado que entraba en posesión do deus. Así que a túa mnte "calenturienta", por esta vez, non vai desencamiñada. ¡Aí queda iso!
- Entroido II: peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros, xenerais, ......

xose pi dijo...

chachi... gracias por las explicaciones: antes de la febre pola normalización se ponía bien grande en carteles del concello... ANTROIDO. Luego llegó Portas, y se "anormalizó" todo.
Cachis, lo de las bacanales, que fuerte... 3 veces al año... a 5 veces al mes... Qúe locura. Claro como no tenían tele ni dvd se entretenían de un modo máaaaaaaaaaaas........maaaaaaaaaaaaas.... bueno, MÁS ERÓTICO!!